A Xunta aproba unha oferta de emprego público de máis de 1.200 prazas para 2026
Segundo destacou Alfonso Rueda, case o 70 % das prazas son de acceso libre e esgótase a taxa máxima de reposición
O Consello da Xunta aprobou este luns a proposta de oferta de emprego público (OEP) para este ano 2026 que vai ser de máis 1.200 prazas.
Segundo destacou Alfonso Rueda, case o 70 % das prazas serán de acceso libre un total de 811: 370 para corpos da administración xeral, 330 para a administración espacial e 90 para persoal laboral.
Mentres, o resto das prazas, 391, serán para a promoción interna: 300 para funcionarios de carreira e 91 "para seguir o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo".
Nesta convocatoria vanse reservar un 12 % das prazas para persoas con discapacidade, e esgótase a taxa máxima de reposición que permite o Goberno central, segundo destacou o presidente da Xunta, quen sinalou que é a que está vixente desde os últimos orzamentos que aprobou o Executivo de Pedro Sánchez.
A Administración galega ten previsto presentar esta oferta de emprego aos sindicatos "nos próximos días".