Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta cifra en 2.600 as persoas afectadas polo recurso do Goberno á dependencia

A Xunta cifra en 2.600 as persoas afectadas polo recurso do Goberno á dependencia

A conselleira de Política Social cualifica de "miserable" e "inadmisible" que o Goberno pretenda aforrar "a costa dos maiores e os dependentes"

Fabiola García solicitou por carta unha reunión co ministro de Dereitos Sociais e confirma que a Xunta comparecerá ante o Tribunal Constitucional 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, este venres nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 13/02/2026 09:50

A Xunta pídelle ao Goberno que dea marcha atrás e retire o recurso presentado o pasado mes de setembro contra a homologación automática dos graos de dependencia e discapacidade incluída en varios artigos da Lei de acompañamento dos presupostos.

A conselleira de Política Social cifra en 2.600 as persoas afectadas pola suspensión deste plan de choque do que se beneficiaron en Galicia arredor de 12.000 persoas.

"É miserable que o Goberno pretenda aforrar a costa dos maiores e discapacitados"

Nunha entrevista no Bos días, García avanza que a Xunta comparecerá ante o Tribunal Constitucional para esixir a retirada deste recurso e solicita por carta unha reunión co ministro de Dereitos Sociais.

"O Goberno recorre para recadar máis", asegura, "pero é miserable que pretenda aforrar eses 23 millóns de euros a costa das persoas maiores e con discapacidade; é inadmisible, e por iso pedimos a súa retirada".

"Non é lóxico que mentres a Xunta de Galicia resolve, o Goberno recorra; que mentres a Xunta de Galicia resolve, o Goberno atrase, que mentres a Xunta resolve, o Goberno recade".​​

Fabiola García está convencida de que o Goberno nunca actuaría así con outros territorios, como Euskadi e Cataluña; e insiste: "Non o imos admitir, seguiremos apoiando as persoas maiores e con discapacidade de Galicia".

Máis fondos para os concellos e máis persoas atendidas a través do Servizo de Axuda no Fogar

A conselleira cualifica de "histórico" o acordo de lexislatura subscrito coa Fegamp que incrementará nun 50 % a achega autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar, unha competencia do ámbito municipal.

Será un aumento "progresivo" que permitirá pasar dos 12 euros á hora que se aboaban o ano pasado aos 16 euros ese ano;  17 euros en 2027 e ata 18 euros a hora en 2028.

"Agradecemos a altura de miras do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias", explica Fabiola García. "Son 150 millóns de euros máis por parte da Xunta que implican máis fondos para os concellos e máis persoas atendidas a través deste servizo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade