Fabiola García visita o lugar que acollerá un centro residencial para persoas con discapacidade en Outes
Fabiola García visita o lugar que acollerá un centro residencial para persoas con discapacidade en Outes
A conselleira de Política Social e Igualdade coñeceu este domingo o predio que propón o Concello de Outes para a instalación do proxecto
A parcela conta cun inmoble de tres alturas utilizado anteriormente como colexio
Fabiola García lembrou o compromiso da Xunta coa atención ás persoas maiores, as dependentes e á infancia
A conselleira de Política Social e Igualdade visitou este domingo o predio que propón o concello de Outes para a localización do proxecto dun centro residencial para persoas con discapacidade.
O predio conta cun inmoble de tres alturas utilizado anteriormente como colexio. O concello de Outes considera que este é o emprazamento máis axeitado para a localización do centro residencial ao situarse nunha zona ben comunicada co resto do municipio e da contorna.
Fabiola García lembrou nesta visita o compromiso da Xunta coa atención ás persoas maiores, as dependentes e á infancia, especialmente naquelas áreas máis rurais.