Cargando resultados...
A sanidade e a guerra de Irán centran a sesión de control no Parlamento Galego
O líder do PSdeG preguntará a Rueda polas listas de agarda
A portavoz nacional do BNG centrarase no encarecemento dos prezos como consecuencia da guerra en Oriente Medio
Poden seguir a sesión en G24.gal
G24.gal
25/03/2026 08:52
Ás dez da mañá retómase o pleno no Parlamento Galego coa sesión de control ao Goberno.
O PSdeG preguntaralle ao presidente polos problemas e as dificultades de acceso que se veñen producindo no sistema sanitario público de Galicia.
O Bloque poñerá o foco nas previsións do Goberno galego ante a suba dos prezos e o seu agravamento coa guerra en Oriente Medio.
Sigue a sesión en G24.gal.