O sector da minería reclama o seu papel para axudar na loita contra o cambio climático
Piden que se axilicen os tramites por parte das administracións para poder facer avanzar as explotacións
O da minaría é un sector con boas perspectivas económicas. En Galicia hai cobre, cobalto ou terras raras, moi apreciados na nova industria e na transición enerxética. O sector pide aproveitar as oportunidades que se abren coa declaración por parte de Europa dalgunhas explotacións como estratéxicas.
Ante o desafío do cambio climático, o sector mineiro reclama un papel determinante para conseguir materias primas imprescindibles. Diego López, da Cámara Oficial Mineira de Galicia lembra que "detrás dos paneis solares ou dos aeroxeradores da eólica hai materias como o cobre ou o aceiro".
Por iso, "din, é fundamental a aposta que fai a Unión Europea polos minerais críticos para evitar a dependencia de terceiros. Si os temos aquí", asegura Rebeca Acebrón, directora executiva de Acebron Group, "non é necesario buscalos fora co que iso supón na redución da pegada de carbono do transporte internacional".
Das terras raras empezouse a oír falar en plena guerra comercial entre os Estados Unidos e A China. Galicia ten varios depósitos. O sector reclama máis investigación.
A Unión Europea sinalou que en Galicia hai 17 das 34 materias primas consideraras críticas. E seleccionou a mina de litio de Doade como un proxecto estratéxico para impulsar a extracción. "Si se respecta a normativa", di Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME, "estamos ante unha grande oportunidade".
Un sector, sinala, que quere facer as cousas ben. E que pide que se axilicen os tramites por parte das administracións.