Publicador de contidos

Publicador de contidos

Airbus contrata tecnoloxía galega para algúns dos seus avións

Airbus contrata tecnoloxía galega para algúns dos seus avións

Vai poñer un sistema de busca de persoas desenvolvido en Vigo

Integrarao nos avións de vixilancia marítima que lle comprou o Ministerio de Defensa español

G24.gal 17/05/2025 14:04

Vai poñer un sistema de busca e persoas nos avións. Airbus contratou o sistema de busca de persoas desenvolvido pola empresa viguesa Centum, o Lifeseeker, para os avións de vixilancia marítima que lle comprou o Ministerio de Defensa español.

"Primeiro, é un contrato moi significativo para nós e no noso país, que iso sempre axuda cando vas fóra; e, por outro lado, permitirá, que unha vez integrado neses avións, Airbus o poida vender a outros clientes arredor do mundo", subliña o director xeral de Centum, Héctor Estévez.

En vez de buscar persoas visualmente, o Lifeseeker detecta, identifica e xeolocaliza o teléfono móbil dos desaparecidos.

"Podemos facer buscas en quince minutos, en vinte minutos, media hora. Nada que ver coas longas buscas que ás veces tardan días", explica Héctor Estévez.

O produto estrela de Centum ten clientes en máis de vinte países de catro continentes. 

"Por exemplo en Europa, a xendarmería en Francia, a forza aérea suíza, a forza aérea alemá, os bombeiros nacionais de Italia... Tamén temos equipos en Lituania, en Letonia, en Grecia...", enumera o director xeral de Centum.

Os usuarios deste sistema de busca informan con frecuencia a Centum de rescates de éxito.

"Acumula centos e centos de casos de rescates realizados con esta tecnoloxía", puntualiza o responsable da empresa.

África é o único continente onde non chegou o Lifeseeker, pero en Centum esperan facelo pronto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade