Detidas dúas persoas por atacar a unha muller de oitenta anos e ao seu fillo
Os dous detidos tiráronlle lixivia e botellas de cristal dentro da casa onde viven na localidade madrileña de Torres de la Alameda
Os detidos están imputados dun delito de odio por aporofobia, tres delitos de lesións e un delito de danos
A Garda Civil detivo dúas persoas que atacaron a unha muller de oitenta anos e ao seu fillo.
Os dous detidos tiráronlle lixivia e botellas de cristal dentro da casa onde viven a señora maior e o fillo, na localidade madrileña de Torres de la Alameda.
Os rapaces foron acusados dun delito de odio e tres de lesións, xa que polo menos unha das vítimas recibiu lixivia nos ollos. O xulgado decretou para os detidos unha orde de afastamento da vivenda e dos seus ocupantes, aos que levaban tempo acosando.
#OperacionesGC I Detenidas 2 personas por un delito de odio en Torres de la Alameda (#Madrid)
— Guardia Civil (@guardiacivil) July 26, 2025
➡️Los supuestos autores rociaron con lejía y lanzaron botellas de cristal contra la vivienda y contra las 2 víctimas que se encontraban en situación de vulnerabilidad
➡️Se les ha… pic.twitter.com/9JwWvKoBWA