Abatido un home tras irrumpir cun coitelo na comisaría de policía de Montornès del Vallès, Barcelona
Abatido un home tras irrumpir cun coitelo na comisaría de policía de Montornès del Vallès, Barcelona
O atacante discutiu previamente con outro policía noutro punto do concello
Un home atacou cun coitelo a un policía local de Montornés del Vallés, en Barcelona. Outro policía disparou, e matou, ao agresor. O suceso produciuse no interior da comisaría da Policía da localidade catalá.
O atacante discutiu previamente con outro policía noutro punto do concello. Os Mossos d'Esquadra descartaron a motivación terrorista do agresor falecido, que xa tivera outros incidentes polos seus problemas de saúde mental. Segundo versións non confirmadas polo momento, no tiroteo quedou ferido de bala outro policía local.
O home abatido é un mozo de entre 20 e 25 anos, "unha persoa inestable", segundo fontes dos Mossos. Nun principio, descartan que o caso teña ningunha motivación terrorista. A investigación asumiuna a policía catalana.