Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un traballador que manexaba unha pa cargadora tras caer por un terraplén

Morre un traballador que manexaba unha pa cargadora tras caer por un terraplén

O accidente produciuse no lugar de San Vicente de Leira, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras

A vítima é un home de 36 anos e residente no Barco

Foi un compañeiro o que alertou o 112 do fatal accidente

Imaxe de arquivo da louseira na que traballaba á vítima do accidente
G24.gal 06/09/2025 17:57

Un traballador faleceu este sábado tras caer por un terraplén mentres conducía unha pa cargadora no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras. O accidente laboral produciuse mentres a vítima estaba a trasladar de material, pouco despois das 13:00 horas deste sábado, no lugar de San Vicente de Leira. A vítima é un home de 36 anos, residente no Barco.

Foi outro empregado da empresa quen avisou o 112 Galicia, indicando na súa chamada que o home podería estar morto. Inmediatamente, o 112  informou o Servizo Galego de Emerxencias Sanitarias-061, o Corpo de Bombeiros e Salvamento de Valdeorras, a Garda Civil e Protección Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do traballador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade