Publicador de contidos

Publicador de contidos

Encontro anual en Vigo da Asociación Galega de Modelistas Navais

Encontro anual en Vigo da Asociación Galega de Modelistas Navais

Neste encontro participaron 40 maquetistas de AMONAGA con embarcacións de todo tipo

G24.gal 26/07/2025 17:26


En Vigo reúnense este sábado todo tipo de barcos, desde embarcacions tradicionais, ata remolcadores ou barcos militares. Son, iso si, barcos por radio control a pequena escala. Navegan no estanque de Monte os Pozos, onde a Asociacion Galega de Modelistas navais celebra o seu encontro anual.

O estanque de Monte dos Pozos é un mar no que caben todo tipo de embarcacións, segundo explica José Antonio Álvarez, presidente da Asociación de modelistas de Galicia.

Os barcos sairon das súas mans. Son  os 40 maquetistas que participan no encontro anual da Asociación de modelistas mavais de Galicia. 
Javier García, modelista, explica que para facer estes modelos necesitanse meses ou anos de traballo.

A Asociación de modelistas navais de Galica fundouse naceu no ano 2006. Case todos son que tiveron relación co mundo do mar. 

Os barcos seguirán navegando ata as seis da tarde- Con encontros coma este pretenden espertar o interese dos mais novos  polo modelismo naval.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade