Varios feridos por gas pementa tras unha liorta multitudinaria nas festas de Beade, Vigo
Entre os feridos hai menores de idade
Unha pelexa multitudinaria nas festas patronais de Beade, en Vigo, deixou varios feridos por gas pementa. Entre os feridos hai menores de idade.
Sobre a unha da pasada madrugada desatouse unha pelexa multitudinaria no lugar onde se celebraba a verbena. Un dos participantes asparexeu un bote de gas pementa que afectou varios asistentes, entre eles menores de idade. Ante a presenza da policía, os implicados fuxiron, sen que polo momento fosen localizados.
A Policía Nacional investiga a posible agresión con gas pementa durante as festas patronais da parroquia de Beade, en Vigo. Os axentes identificaron unha suposta vítima, quen declarou que alguén lle botara unha sustancia tóxica, como gas pementa. Unha patrulla da policía nacional achegouse ao lugar e físoxe cargo das investigacións. Dende a comisión de festas din estar sorprendidos pola relevancia que acadou o caso, xa que, aseguran, non houbo pelexa multitudinaria nin pode determinarse a sustancia utilizada.