Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un autobús atropela catro persoas na contorna dunha discoteca en Pontecesures

Un autobús atropela catro persoas na contorna dunha discoteca en Pontecesures

As vítimas sufriron contusións e foron trasladadas ao hospital de Santiago

G24.gal 13/09/2025 09:15

Un autobús atropelou catro persoas na contorna dunha discoteca de Pontecesures pasadas as 6:30 horas deste sábado. Segundo informa o 112, o condutor estaba manobrando.

As vítimas, que agardaban para subir ao vehículo, sufriron contusións e foron trasladadas en ambulancia ao complexo hospitalario universitario de Santiago.

No operativo participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, persoal sanitario do 061 e membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Padrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade