Cargando resultados...
Un home de 37 anos morre nun accidente de quad no concello de Sarreaus
Unha muller da mesma idade que viaxaba de acompañante foi trasladada ao hospital de Ourense en estado crítico
O quad accidentado nunha imaxe da Garda Civil
G24.gal
13/09/2025 08:31
Última actualización 13/09/2025 14:59
O condutor dun quad que circulaba pola estrada de Freande, no concello de Sarreaus, faleceu onte á noite ao saíren da vía pola marxe dereita e bater contra o poste dun peche.
O persoal médico do 061 que se trasladou ao lugar do accidente só puido certificar a morte do home, de 37 anos. Unha muller da mesma idade que viaxaba de acompañante tivo que ser trasladada en estado crítico ao hospital de Ourense.
Segundo informa o 112, no operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, membros do GES de Laza e voluntariado do AVPC de Sarreaus.
Outra imaxe do accidente. FOTO: Garda Civil