Unha viguesa de 24 anos, cega de nacemento, obten unha praza fixa nas oposicións de secundaria
Lucía Álvarez aprobou as oposicións a primeira vez que se presentou cunha nota de 9,576
A viguesa Lucía Álvarez con 24 anos e sendo cega de nacemento acaba de aprobar no primeiro intento as oposicións de secundaria na especialidade de lingua castelá e literatura. O seu destino provisional, ao que se incorporará o un de setembro, será na Escola Oficila de Idiomas de Vigo. Educada en centros ordinarios durante toda a súa formación Lucía é hoxe un exemplo da integración das persoas con discapacidade.
Lucía empezou a estudar en setembro e examinouse en xuño. Na academia Nós Oposicións, vendo o autoesixente que era, obrigábana a descansar. Nesta habitación da súa casa en Candeán, coa súa liña Braille e co lector de pantalla cedido pola ONCE chegou a estudar dez horas. No exame tocoulle o tema Literatua española da primeira metade do século XX e obtuvo un 9,576.
"Ao principio estaba nunha nube. Non o creía moi ben e tiña que asimilalo pero despois ao velo xa me puxen en que en setembro hai que empezar. Supoño que estarei moi nerviosa e con moitas dudas, non só o primeiro día, a primeira semana, o primeiro mes, o primeiro ano... Quero dar a miña mellor versión e intentar transmitir aos alumnos o interese pola lingua e pola literatura", relata a TVG Lucía Álvarez, profesora de Bacharelato.
Lucía, amante da lectura desde nena, educouse en centos ordinarios galegos, no Colexio Plurilingue Alborada, no IES Carlos Casares e na Universidade de Vigo.
"Pero tamén é certo que aínda quedan portas por abrir, aínda quedan prexuízos por desmontar. O feito de que unha persoa teña unha discapacidade non a fai menos válida para desempeñar un traballo, para realizar uns estudos ou para formarse, ou en definitiva para formar parte do mundo académico profesional", matiza Lucía Álvarez, profesora de Bacharelato.
Os pais de Lucía, nun segundo plano, cóntannos fora da cámara que estos 24 anos foron un longo camiño. O orgullo non lles cabe no peito. A clave foi educar unha muller autónoma.
"Evitar sobreprotexer ou adiantarse ao que aínda non ocorreu. Unha persoa polo feito de ter unha discapacidade non é que non poida facer nada na súa vida. Que animen ese fillo ou esa filla a loitar polos seus propósitos, polos seus obxectivos e a acadar as súas metas sempre tendo en conta que é necesario o esforzo, a constancia e a perseverancia", engade Lucía Álvarez, profesora de Bacharelato.
O 1 de setembro incorporarase á súa praza de funcionaria en práctias e pasado un ano converterase en profesora titular de secundaria de lingua castelá e literatura.