Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zapateiro, un oficio en extinción

Zapateiro, un oficio en extinción

Cada vez hai menos zapateiros, e iso que a reparación de calzado é un servizo con elevada demanda

En toda a provincia de Ourense apenas quedan unha vintena deles, máis da metade concentrados na cidade

Hai comarcas enteiras que non dispoñen deste servizo

G24.gal 19/11/2025 20:59

Mingos colleu o relevo cando se xubilou o último zapateiro de Verín. Antes, había cinco pero todos foron pechando. Agora dálle servizo a unha ampla contorna.

Domingo Álvarez "Mingos", zapateiro: "Véñennos da zona de Viana, da Gudiña, de Sanabria. Incluso veñen ao hospital de Verín e, no tempo que veñen ao hospital, reparámoslles os zapatos".

A carga de traballo obrigouno a buscar axuda. Agora ten un empregado que, máis ca iso, é un amigo. Pedro, un antigo camioneiro reciclado en zapateiro.

Pedro Álvarez, zapateiro: "Este choio é bricolaxe. Hai que ser mañoso. Por moito bricolaxe que sexa, hai que ter coidado de non estropear os zapatos".

Reméxense en poucos metros cadrados repletos de instrumentos.  Reparan bolsos e cintos, pero o negocio principal está no calzado.

"O que máis facemos é cambiar tapas, pegados, cosidos... Tráennos bastantes bolsos. Tamén cambiar cremalleiras", explica Mingos.

En toda a provincia de Ourense quedan unha vintena de zapateiros e a maioría están na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade