Publicador de contidos

Publicador de contidos

A erosión do mar pon en perigo unha urbanización construída a pé de praia en Barreiros

A erosión do mar pon en perigo unha urbanización construída a pé de praia en Barreiros

O paseo marítimo de San Bartolo terá que ser recuado, para o que será necesario expropiar parte da zona axardinada do bloque de vivendas

Na base do cantil baixo o paseo advírtese a erosión das rochas
Félix Aragunde 19/11/2025 20:25 Última actualización 19/11/2025 20:42

A urbanización construída hai 30 anos na praia de San Bartolo, en Barreiros, encóntrase agora en perigo.

A erosión do mar fixo que se acurtase a distancia que separa o bloque de vivendas da liña costeira, tal como advirte un estudo xeotécnico realizado polo Servizo Provincial de Costas.

O informe sinala que para garantir a estabilidade da urbanización vai ser necesario recuar o paseo marítimo.

Para iso, haberá que expropiar parte da zona axardinada do bloque de vivendas.

Ademais de recuar o paseo, o proxecto contempla tamén suprimir os miradoiros e deixar o areal sen accesos, tal como se encontra, por seguridade, dende hai cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade