Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Baiona opóñense á construción do novo porto deportivo

Os veciños de Baiona opóñense á construción do novo porto deportivo

A colisión da barreira anticontaminante por mor das obras provoca descontento entre a veciñanza

Os residentes exixen máis medidas de protección medioambiental

Portos de Galicia sustenta que as construcións contan con garantías ecolóxicas

Reparación das barreiras anticontaminantes no porto deportivo de Baiona
G24.gal 07/11/2025 11:54

Nas últimas horas reparaban a barreira anticontaminante instalada por mor das obras de recheo que permitirán ampliar o porto deportivo de Baiona. O valado rompeu como consecuencia do temporal enchendo a baía de lodo, provocando un gran malestar da veciñanza.

Rafael Lores, voceiro da Plataforma Salvemos Santa Marta manifesta as súas preocupacións a nivel medioambiental e indica que a barreira xa non supoñía unha gran protección pero tras o incidente o contexto actual é máis alarmante. 

Portos de Galicia asegura que se están a extremar as medidas de protección e que a empresa que executa as obras non depositará material mentres a barreira non estea operativa. Porén para os membros da plataforma que se opón a este proxecto as medidas ambientais deberían ser máis exhaustivas.

Así, os veciños de Baiona opinan que esta tentativa de ampliación do porto supuxo un agravio para as súas rías, praias e para o ecosistema xeral, sendo ademais moi prexudicial para a pesca.

Así a todo, Portos de Galicia reafirma que as obras contan con todos os permisos e garantías medioambientais e que os materiais depositados non son contaminantes. Mentres a Plataforma Salvemos Santa Marta segue a denunciar o que considera un atentado medioambiental e a privatización dun espazo da cidadanía.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade