Ecoener tece acordos no Canadá para exportar o seu modelo de produción de enerxía
Unha representación dos pobos orixinarios da Columbia británica visitan en Galicia as centrais hidroeléctricas da compañía
Unha cultura que se remonta a milleiros de anos de antigüidade e que se asenta nos valores do respecto pola natureza e no legado cara a futuras xeracións. Representantes da comunidade indíxena canadense Wet'suwet'en coñecen en Galicia os proxectos da empresa Econer.
"Ecoener entende e aprende da nosa cultura porque o medio ambiente é importante para nós", explica a xefa Legiboo.
A central hidroeléctrica de San Bartolomé, nas Fragas do Eume, é unha das seis que Ecoener ten en Galicia, Un modelo de produción de integración e de respecto polo medio natural que busca novos mercados internacionais. Un deles é O Canada.
O Goberno da Columbia británica ten aberto un plan para reforzar o sistema eléctrico e avanzar na descarbonización cun impulso das enerxías renovables. As comunidades participan como investidores nos novos proxectos.
"Estamos buscando investidores internacionais para proxectos verdes", asegura o xefe Wes Sam.
"Aprendemos das boas prácticas aquí en España", di a xefa Madeek.
Hai unha vintena de proxectos en marcha nos que Ecoener xa ten dado pasos.
"Temos xa outro proxecto eólico. Estamos buscando novas oportunidades para medrar alí. É un país con moita seguridade xurídica", explica José Enrique Auffray, director de Ecoener O Canadá
Un mercado estratéxico no plan internacional da compañía galega referente en iniciativas sostibles.