Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enlatando grelos na primeira conserveira vexetal de Galicia

Enlatando grelos na primeira conserveira vexetal de Galicia

Comezaron a envasalos polos galegos que viven fóra e os que queren poder disfrutar deste produto en calquera momento do ano

Conservas A Rosaleira, fundada en 1940, traballa con labregos das catro provincias

G24.gal 09/03/2026 21:27 Última actualización 09/03/2026 21:48

Chegan grelos das catro provincias galegas ao Rosal, a esta conserveira cun título rotundo.

"A primeira conserveira vexetal de Galicia", apunta o director de Conservas A Rosaleira, Luis de Lorenzo

Vemos montañas verdes a piques de converterse en certo número de latas ao día. 

"De media adoitan ser 4.000 ou 5.000 latas", sinala o conserveiro

Antes de enchelas, os grelos pasan varias etapas de selección. 

"Para nós o control de calidade que dá unha persoa non o dá máquina ningunha, polo tacto, o control visual, mesmo o olfacto", di Luis de Lorenzo

Nas visitas escolares salta sempre algunha voz infantil sorprendida de ver "un jacuzzi para grelos", que logo hai que escaldar e seguir seleccionando.

"É un grelo cunha semente autóctona, cultivado en Galicia, co que lle vai achegar a terra de Galicia", explica o director

​​​​​​E cultivado a campo libre, como manda a Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia.

Fundada nos anos 40, Conservas A Rosaleira é pioneira nisto de meter grelos en lata e engadir auga con sal. E comezaron a facelo por cousas da emigración, da morriña.

"Acompaña os barcos da Armada española, acompaña os barcos de pesca e vai para os restaurantes que están fóra de Galicia. Eu sempre digo un pouco de broma que, se hai un galego na Lúa, de seguro que ten unha lata dos nosos grelos", resume Luis de Lorenzo

Algo tan noso, tamén durante todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade