Organizan un curso de poda e enxertía en Ribadeo para sacarlle máis rendemento ás árbores
A iniciativa desenvólvese no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias e os asistentes fan prácticas tras unha pequena charla
En Ribadeo, organizan un curso de poda e enxertía para sacarlle máis rendemento ás árbores. Esta acción formativa desenvólvese en tres días e desde o primeiro momento os asistentes teñen oportunidade de practicar o aprendido.
"A primeira parte son vinte minutos de teoría e despois é práctica", di o director da escola Pedro Murias de Ribadeo.
Ao podar un frutal o que se pretende é mellorar a súa produción. Incide Santiago Ramos, enxeñeiro agrónomo que da o curso que "non coñecer as estruturas, cales son as xemas de flor e cales as de madeira é o gran problema".
No curso tamén se aborda como levar a cabo os enxertos, e a técnica que máis convén a cada árbore.