Cargando resultados...
Barro volve quedar sen internet polo roubo de cobre no tendido
Os empresarios de Barro están xa fartos que quedar incomunicados por problemas coas liñas
G24.gal
19/11/2025 20:27
Última actualización 19/11/2025 20:57
Para as empresas e os negocios, quedar hoxe en día sen internet ou teléfono é sinónimo de perder cartos. Sábeno ben en Barro. Veñen de estar máis dun día sen conexión e non é a primeira vez.
Desta vez foi polo roubo de cobre no tendido, pero aseguran que teñen sofrido tamén problemas polos temporais que tiran os postes. Os empresarios están fartos desta situación pero non son os únicos que a padecen, tamén os veciños saben o que é quedar sen internet.
Úrxenlle á compañía telefónica que busque unha solución para evitar novos cortes no seu servizo.