Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por roubar diñeiro e pezas de bronce de gran valor no polígono de Cuntis

Detido por roubar diñeiro e pezas de bronce de gran valor no polígono de Cuntis

Levou unha peza de bronce valorada nuns 2.500 euros dunha nave e colleu 4.500 euros noutra empresa

G24.gal 19/11/2025 18:41 Última actualización 19/11/2025 18:49

A Garda Civil investiga un home de 43 anos como presunto autor de tres furtos de diñeiro en efectivo e pezas de bronce de gran valor cometidos no municipio pontevedrés de Cuntis.

A investigación sobre estes feitos comezou a raíz dunha denuncia presentada por un empresario da localidade.

Do interior da súa nave, situada no polígono industrial da Ran, o ladrón levou unha peza de bronce valorada nuns 2.500 euros.

Nese mesmo polígono, ao día seguinte, outra persoa denunciou que un descoñecido aparcara o seu coche diante da porta da súa empresa e, tras entrar a pé e chegar ata a zona das oficinas, subtraera 4.500 euros en efectivo.

Os axentes relacionaron estes dous roubos con outro cometido, en setembro de 2023, nunha empresa de Moraña, onde unha persoa entrara nas súas instalacións, tamén andando, e roubara unha mochila con 1.500 euros en metálico dentro.

Ao relacionar estes tres furtos, a Garda Civil acabou identificando o investigado, ao que se lle imputan tres delitos de furto.

As dilixencias serán entregadas na sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Caldas de Reis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade