Detido en Lugo por agresión e roubo de 1.200 euros e varios décimos de lotería
A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como presunto autor dun delito de roubo con violencia
Imaxe de arquivo da comisaría da Policía Local de Lugo
A Policía detén a un veciño de Lugo, na zona de Magoi, pola agresión e roubo a un home á saída dun bar.
Segundo informa nun comunicado, os feitos remóntanse a principios do mes pasado, cando se recibiu unha denuncia en dependencias da Policía Nacional, onde compareceu un home que trasladou que, tras sufrir unha forte agresión, roubáronlle as súas pertenzas.
Un home, tras gañar un premio en efectivo nunha máquina recreativa dun local de lecer, abandonou o mesmo, seguido polo seu posterior agresor.
Tras percorrer varias rúas, segundo o relato policial, a vítima foi golpeada na cara polo ladrón, e tras caer ao chan, subtraeulle o diñeiro dos petos do seu pantalón, así como a alxibeira coa recadación do seu lugar de traballo e varios décimos de lotería. En total, o valor do roubado ascendía a 1.200 euros.
A vítima foi atendida no lugar por unha transeúnte que deu aviso ao 112, acudindo ao lugar Policía Local e a asistencia sanitaria que realizou o traslado hospitalario.
Tras iso, a Policía Local informou a Policía Nacional desta asistencia, iniciándose as investigacións por parte do grupo de Policía Xudicial.
Despois de realizar as correspondentes dilixencias de investigación, púidose determinar a autoría do roubo, localizouse o autor dos feitos, procedendo á súa detención e posta á disposición da autoridade xudicial.