Publicador de contidos

Publicador de contidos

Burela ten un barrio onde viven máis novos ca maiores de 65 anos

Burela ten un barrio onde viven máis novos ca maiores de 65 anos

Trátase dun barrio da zona centro da vila, onde viven máis de 2.000 persoas 

A vila leva décadas liderando os concellos coa poboación máis nova da provincia de Lugo e dos poucos que seguen gañando poboación

G24.gal 17/11/2025 13:47

Burela é das poucas vilas galegas onde a demografía fala en positivo. E a tendencia non é nova. Leva así dúas décadas. Nos últimos anos gañou case mil habitantes e a idade media non supera os 42 anos.

"Iso é símbolo de dinamismo e progreso", di unha veciña, outro engade: "Haberá un 10 ou u 12 por cento de poboación que veu nova".

Os traballos na pesca, na sanidade, os servizos e a tranquilidade da vila fan que moitas familias a escollan para instalarse. 

"Unha vantaxe é a seguridade", di unha muller, e outro home asegura que o hospital é un servizo moi importante, as garderías, o comercio, todo está moi céntrico".

A maioría instálanse no centro da vila, onde viven máis de 2.000 persoas, entre a estación de autobuses e o peirao, onde está un dos poucos barrios de Galicia onde viven máis nenos e adolescentes ca maiores de 65 anos.

"Aquí hai moita xente nova, e nais moi novas", di unha muller, outra engade que hai lugares onde ves todo xente maior, aquí non, son novos"

Con case 10.000 habitante, a vila é todo un exemplo de convivencia, nela cohabitan ata 51 nacionalidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade