Publicador de contidos

Publicador de contidos

Busca contra o reloxo en Avión dunha muller con alzhéimer

Busca contra o reloxo en Avión dunha muller con alzhéimer

Manuela Conde ten 73 anos e é de Piñor de Cea

Foi de visita a aldea de Rubillón, no concello ourensán de Avión, e saíu da casa en que estaba co fillo sen que ninguén a vise

G24.gal 17/11/2025 13:59

Manuela Conde ten 73 anos e padece alzhéimer. Onte á tarde saíu desta casa de Rubillón sen que a familia se decatase. Vestía pantalón verde e chaqueta branca. Ata as cinco da mañá estiveron buscando mesmo cun dron con cámara térmica, sen rastro.

Coa primeira luz do día retomaron os rastrexos tamén nas aldeas lindeiras. Participan na busca a Garda Civil, o GES de Avión, Protección Civil de Beariz e do  Carballiño, ademais de voluntarios e veciños.

A muller desaparecida é de Piñor de Cea, pero viñera a esta aldea de Avión de visita polo que non coñece a zona. Dificulta tamén a busca, a orografía cun río e moito monte e camiños mal coidados e aldeas con poucos veciños. Apuran as horas antes de que volva pasar outra noite á intemperie, con baixadas de temperaturas. 

Piden a calquera persoa que poida ter unha pista se poña en contacto coa Garda Civil ou o GES de Avión. Hai quince días Manuela Conde tamén desapareceu de Rubillón pero aparecera ao pouco na casa dunha veciña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade