A música da adolescencia marca a biografía emocional de cada persoa
O poder evocador da música
As cancións da adolescencia grávanse na memoria e perduran co paso do tempo máis que ningún outro recordo
As melodías que marcaron a nosa adolescencia están gravadas a ferro na nosa memoria, sobre todo as que escoitabamos entre os 12 e os 25 anos.
"Porque a música ten a capacidade de activar a parte emocional, autobiográfica e tamén o sentido individual de identidade", explica Montse Merino, directora e supervisora de servizos en Terapia Musical Científica Aplicada MTCA e Presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia.
Non hai recordos máis nítidos que os que evoca unha canción que escoitabamos cando eramos novos.
"Cando me poño a escoitar as rancheiras, danme recordos dos meus avós".
"María Dolores Pradera, cousa rara, verdade, pois na xuventude gustoume dende un principio, e hai veces que se volvo escoitar unha canción dela, pois evócame esa xuventude que tiven".
"Dire Straits, David Bowie, miña nai!, recordo toda a adolescencia, que era incrible", comentan na rúa.
E, malia que pasaron décadas, eses recordos son imborrables.
"O que sentes, o que pensas e, como non son quen de saber cousas agora, de aprender onde vai o meu fillo, e cústame aprender a axenda do neno, e resulta que o chip ese aínda non se borrou", apunta unha muller.
Nesas cancións gravadas na memoria durante a adolescencia están as claves do que imos ser no futuro.
"De aí parte todo o que vai vir despois na sociedade a moitos niveis", conclúe Montse Merino.
De como a música marca a biografía emocional das persoas dá boa conta un estudo científico realizado nunha universidade finesa coa que colabora activamente un equipo de investigadores galegos que son pioneiros en España en formación de terapia musical científica aplicada.