Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade pide precaución ante o inicio da fase epidémica de gripe A

Sanidade pide precaución ante o inicio da fase epidémica de gripe A

Pon en marcha o plan de inverno para mellorar a prevención e preparar os recursos ante posibles picos de demanda

Desde hoxe é recomendable levar máscara nos hospitais, centros de saúde e PAC, especialmente nas urxencias e nas unidades con pacientes vulnerables, como reanimación, a UCI ou as áreas de quimioterapia

G24.gal 17/11/2025 14:52

Estamos xa oficialmente en epidemia de gripe. 

"O que circula agora mesmo é a gripe A e é de maior transmisibilidade e cadros de maior gravidade que o B. No 23-24 houbo unha grande incidencia de complicacións por pneumonía e este ano iso aínda é un interrogante", explica Cristina Fernández, xefa do Servizo de Medicina Preventiva do CHUS.

Os virus mutan cada temporada, pero permanece o xeito de lles facer fronte. A epidemia comeza co 75 % dos maiores de 80 vacinados, e cunha alta taxa de nenos inmunizados coa nova intranasal. As vacinas non evitan o contaxio, pero reducen a gravidade das posibles complicacións. 

"Como pode ser a hospitalización por pneumonía, infarto ou ictus que tamén están asociados ao virus da gripe. É moi importante seguir as recomendacións do persoal sanitario nos lugares onde se leve levar a máscara como son as unidades de críticos, inmunodeprimidos ou as urxencias", engade a doutora Fernández.

Os protocolos de lavado de mans e hixiene respiratoria e manterse lonxe de maiores e vulnerables se sen teñen síntomas son as ensinanzas que quedan da pandemia. Neste ano, apenas hai casos de covid e o VRS, que adoita aparecer antes da gripe, aínda non comezou a circular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade