Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remite a epidemia de gripe A

Remite a epidemia de gripe A

Baixa a taxa de positivos, pero Sanidade pide prudencia ante a chegada da gripe B e a onda actual do VRS

G24.gal 08/01/2026 14:34

"A onda epidémica da gripe mantén unha intensidade baixa e unha tendencia decrecente" declarou o conselleiro de Sanidade, tras a análise dos datos da primeira semana do ano. Baixaron as consultas en Atención Primaria e Urxencias, e os positivos nas probas que se fan en centros sanitarios. Non así as hospitalizacións, que como adoita suceder presentan unha decalaxe con respecto dos datos dos contaxios.

"Na 1ª semana do ano foron hospitalizadas 420 persoas con gripe confirmada", informou Antonio Gómez Caamaño, o conselleiro de Sanidade.

O que aumentou despois das festas é o consumo de antigripais en Galicia. Ao non aumentaren as consultas, pode ser por mor do arrefriado común, pero como entra en circulación a gripe B e o ano pasado houbo dobre onda, os responsables de saúde pública piden prudencia. 

 "O VRS é outro virus respiratorio, e estamos agora en plena onda; entramos nela na semana 50 -con atraso con respecto doutros anos- e aínda segue aumentando a positividade", advertiu Marta Piñeiro, a  Responsable do Centro Galego de Prevención e Control de Enfermidades.

Ata antes da pandemia, o VRS só se estudaba en nenos. As taxas de ingreso por bronquiolite en bebés diminuíron drasticamente desde que reciben a inmunización.

En adultos, agora sábese que o VRS tivo o ano pasado unha taxa de ingresos en maiores de 80 de 13 casos por 100.000.

O estudo Sincigal segue aberto para comprobar a utilidade de vacinar deste virus a poboación adulta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade