Cargando resultados...
A venda de antigripais nas farmacias anticipa que poden volver aumentar os casos
A celebración das festas do Nadal con amigos e familia inflúe na demanda deste tipo de medicamentos
G24.gal
03/01/2026 14:30
Os antigripais son estes días os medicamentos máis demandados nas farmacias. Esta demanda coincide coa chegada do frío, cos casos de gripe e as consultas, pero tamén inflúe que no Nadal é cando hai máis xuntanzas familiares ou con amigos.
O pico de casos de gripe deuse antes das festas. Desde entón, os casos van a menos, o mesmo que as consultas médicas. Con todo, pode que volvan remontar. Nas farmacias xa se aprecia certa demanda.
Estes días, tres de cada catro persoas que van por medicamentos á farmacia levan antigripais. Un dato que anticipa que a incidencia pode volver aumentar.