Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os farmacéuticos advirten de que os medicamentos fotosensibles non son compatibles con tomar o sol

Os farmacéuticos advirten de que os medicamentos fotosensibles non son compatibles con tomar o sol

Os boticaros alertan sobre os riscos da exposición solar durante determinados tratamentos

Na rúa hai un escaso coñecemento sobre os seus efectos secundarios

G24.gal 18/06/2026 14:10

Coa chegada do bo tempo e o aumento das horas de exposición ao sol, os farmacéuticos coruñeses lanzan unha campaña para advertir sobre os riscos asociados ao uso de medicamentos fotosensibles.

"E para iso editamos uns adhesivos que imos poñer naqueles medicamentos que teñan problemas de fotosensibilidade. Hai moitos, cada vez máis. Algúns: o ibuprofeno, pílulas anticonceptivas, algúns antibióticos...", explica Paula Briones, vogal do Colexio de Farmacéuticos da Coruña. 

Medicamentos que aumentan a sensibilidade ao sol e que poden causar reaccións.

"Desde un eritema ou unha queimadura ou outras lesións tipo dermatite de contacto ou mesmo úlceras", engade Briones. 

Efectos secundarios dos que, na rúa, hai un escaso coñecemento.

"Eu teño tomado ibuprofeno e ir á praia igual, e nunca me pasou nada". "Non sabiamos nada". "A min si que me avisaran de que non era bo, pero pensaba que non pasaba nada. Agora xa vexo que si". "Igual agora xa o penso máis".

Así que cómpre lembrar as precaucións.

"Evitar ou minimizar a exposición ao sol e sempre con proteccións altas", conclúe Paula Briones.

Porque informar é previr. Así que os especialistas confían agora en que esta medida sirva para aumentar o coñecemento sobre este tipo de fármacos e evitar posibles lesións que si poden aparecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade