Cargando resultados...
A protección solar, clave para evitar enfermidades graves da pel
Tomar o sol sen protección ten efectos adversos e graves a longo prazo
G24.gal
08/06/2026 14:25
Farmacéuticos e dermatólogos coinciden en que a protección solar é o mellor aliado para a prevención de enfermidades graves da pel. Estamos nos días de máis horas de luz do ano, e coincide en Galicia con que van vir días de moito sol e moita calor.
Broncearnos con seguridade é fundamental. Este ano os dermatólogos centran esforzos nunha campaña que loita contra as loias que moitas veces ofrecen as redes sociais en que se insta a tomar o sol ou se fala do calo solar, algo que pode ter consecuencias graves.