Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home tírase por unha ventá en Allariz tras agredir a muller e ameazar con rebentar o edificio

Un home tírase por unha ventá en Allariz tras agredir a muller e ameazar con rebentar o edificio

Axentes da Garda Civil acudiron á chamada da súa parella, quen asegurou que temía pola súa propia integridade, e cando chegaron o home advertiulles que tiña dúas bombonas de butano coas que ía facer estoupar o inmoble

G24.gal 18/06/2026 14:26

Un home de 38 anos precipitouse desde un edifico na rúa Portovello, no concello de Allariz, despois de ameazar con estoupar todo o inmoble utilizando dúas bombonas de butano.

Segundo confirmaron fontes da Garda Civil, os feitos sucederon este mércores sobre as 14:50 horas, cando o 112 recibiu o aviso dunha muller que temía pola súa vida e integridade física.

Así, os axentes desprazáronse ao lugar dos feitos, onde atoparon a muller no portal, que lles explicou que a súa parella se puxera agresiva verbal e fisicamente. O home conta xa con denuncias previas por violencia machista.

Nesta liña, cando os axentes acudiron á zona, o home alertou de que tiña dúas bombonas de butano e que ía facer estoupar o edificio, procedendo entón a Garda Civil a desaloxar o inmoble.

Tal e como informou a Comandancia, o home acabou tirándose por unha fiestra desde o segundo piso na parte traseira do edificio, desde uns nove metros de altura, e foi finalmente trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) en estado crítico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade