Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan en Vigo unha muller de 55 anos desaparecida desde o sábado

Buscan en Vigo unha muller de 55 anos desaparecida desde o sábado

SOS Desaparecidos difunde a alerta sobre María L. S. G., de complexión delgada e 1,57 metros de altura

G24.gal 19/11/2025 17:09

Os servizos de emerxencia buscan en Vigo a María L. S. G., de 55 anos, desaparecida desde o pasado sábado, 15 de novembro.

Segundo a alerta de SOS Desaparecidos, a muller é de complexión delgada e mide 1,57 metros de altura.

Ten o cabelo negro con matices vermellos e os ollos verdes azulados.

A organización pide que calquera persoa que teña información sobre o paradoiro de María contacte cos dispositivos de busca.

As persoas que poidan achegar algún dato poden chamar ao número 868 286 726 ou enviar un correo electrónico a info@sosdesaparecidos.es.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade