Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ollos verdes, un tesouro xenético

Ollos verdes, un tesouro xenético

Só un 2 % da humanidade os ten, resultado dunha mutación xenética herdada ao longo de milleiros de anos

A cor dos ollos vén determinada pola concentración de melanina no iris do ollo

Son máis frecuentes na poboación do norte de Europa, entre os húngaros e nas poboacións Pastún entre Afganistán e Paquistán

Os ollos verdes son unha rareza sobre todo nos países próximos ao ecuador
G24.gal 04/08/2025 15:09

"Vouche contar una anécdota. Estaba un día no ximnasio de Málaga, na sauna e un rapaz díxome: ti sabes que es unha das poucas que quedan no mundo porque tes o pelo roxo e os ollos verdes, e di van facer un encontro a nivel mundial, en Europa, onde van todos os roxos e que teñen ollos verdes porque xa se están extinguindo, entón ti es a extinguir", comenta unha rapaza andaluza.

Son ollos que non deixan indiferentes a ninguén. Exercen unha atracción cativadora.

"Dinme que son un pouco excepcional".

"Teño unha amiga que ten os ollos máis verdes ca min e é certo que atrae moito a mirada".

"Teñen un atractivo especial porque son menos comúns".

E tanto, como que soamente un dous por cento da humanizade os ten. Son unha rareza biolóxica

 "Eu son dentro do dous por cento, que forte".

"Se soamente un dous ou tres por cento da poboación ten os ollos verdes, pois claramente é un fenómeno que poderiamos dicir que é raro que se sae da norma", explica o oftalmólogo, Alberto Parafita 

A concentración de melanina no iris é a que determina a cor dos ollos.

"Os ollos verdes están nun punto intermedio. Non teñen tan pouca melanina coma os que teñen os ollos azuis, nin tanta como os ollos marróns. Prodúcese por efecto de como se reflicte a luz no iris", continúa.

"É unha chispa é coma unha pedra, non é o mesmo un diamante que unha pedra negra".

E onde son máis frecuentes:

 "É frecuente en persoas do norte de Europa, Irlanda, Escocia, Alemaña, Islandia...", conta o oftalmólogo.

Nisto da cor dos ollos a xenética xoga un papel determinante:

 "A miña irmá tamén ten uns ollos moi bonitos, si, de feito eu pensaba que non era andaluza porque os andaluces teñen os ollos negros e eu pensaba sempre que era galega, celta, sabes, porque os celtas son roxos e cos ollos verdes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos