O Día do Sorriso celebra os beneficios da risa
A risa libera endorfinas, beneficiosas para a saúde física e mental

As redes sociais son unha fonte inesgotable de propostas para a risa. Tamén hai quen recorre ao cine, mesmo aos clásicos inmortais
"Eu poño un vídeo de Charlot, por exemplo, e xa me río dabondo", confirma entre sorrisos un veciño de Ourense.
Pero no día a día da vida real, o sorriso adoita vir da man da amizade e do amor. "Coa miña amiga, que veño con ela, e sempre vimos rindo as dúas". "Os amigos, que sempre contan algunha anécdota", comentan varias mulleres.
Ata nos traballos máis esforzados atopamos xente que sorrí. "Levantándome ás cinco da mañá, se inda por riba teño que andar triste, imaxínate!. Non, non hai que rir", asegura un traballador da limpeza.
A risa facilita a socialización, pero tamén produce benestar físico e mental porque libera endorfinas.
Isabel Calle Santos, doutora en Psicoloxía: "As endorfinas son moi beneficiosas para a saúde porque reducen o cortisol e producen benestar. A xente séntese máis feliz, motivada, optimista..."
Os sorrisos son saudables, e os espontáneos aínda máis.