Publicador de contidos

Publicador de contidos

A restauración de motos clásicas permite recuperar auténticas xoias sobre rodas

A restauración de motos clásicas permite recuperar auténticas xoias sobre rodas

Para moitas motos xa non hai pezas e restauralas é un traballo complexo

G24.gal 10/10/2025 21:02 Última actualización 10/10/2025 22:24

Atopamos a Javier no seu taller onde está a reparar algunhas das numerosas motos clásicas que chegan ás súas mans. E non só as repara, tamén as restaura. As que máis son dos anos 50, 60 e 70 do século pasado. Un traballo que require coidar ata o máis mínimo detalle.

"Realmente traballo con motos moi antigas para as que non hai pezas, hai que buscalas e adaptalas", di. 

A familia de Javier Gabeiras, das Pontes, leva vencellada ao mundo das motos desde hai un século. De aí a súa paixón que o levou a coleccionalas.

A máis antiga é "unha Norton 500 do ano 1932, unha moto cara para época. Logo dun ano deixou de fabricarse.

Comezou a II Guerra Mundial e Norton deixou de fabricala para dedicarse á industria armamentística", comenta.

Javier tardou dous anos en recuperala peza a peza

Impulsado por internet, fala dun auténtico rexurdimento da moto clásica.

"Moita xente tiña a moto tirada na palleira e agora estase a restaurar moita moto polo tema sentimental, porque era do meu pai ou do meu avó". E el é o encargado de devolverlles a vida a estas auténticas xoias sobre rodas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade