Publicador de contidos

Publicador de contidos

O único profesional certificado de LEGO na Península é un enxeñeiro de camiños ourensán

O único profesional certificado de LEGO na Península é un enxeñeiro de camiños ourensán

Pablo Gonzalez é o primeiro profesional certificado pola coñecida marca en España e Portugal

Despois de oito anos como deseñador da compañía en Dinamarca, agora ten o seu propio estudio de deseño

The Bric Art Lab ofrece unha ampla gama de servizos de deseño, desde mosaicos ata construcións personalizadas para empresas

O ourensán Pablo González é o primeiro e único profesional certificado pola marca LEGO para España e Portugal
G24.gal 03/11/2025 21:51

Coñecemos hoxe o ourensán Pablo González, un enxeñeiro de camiños que deixou a construción de grandes obras polos famosos ladrillos de xoguete de LEGO. Primeiro traballou para a empresa en Dinamarca como deseñador de modelos e converteuse no primeiro e único profesional certificado para España e Portugal. Agora ten en Ourense o seu propio estudio de deseños exclusivos. 

O que comezou sendo unha afección que compartía co seu fillo hai uns 20 anos, a construción cos coñecidos ladrillos de plástico de LEGO, converteuse na súa profesión. Pablo era enxeñeiro de camiños e decidiu apostar polo seu lado máis creativo.

"Isto ten un compoñente bastante artístico, porque ao final é como ti interpretas o mundo e o transformas en pezas de LEGO", di Pablo González González, o fundador de The Brick Art Lab

E desde hai un ano os seus deseños exclusivas construídos no seu estudio de Ourense viaxan por todo o mundo.

Agora está a facer un proxecto especial para o Entroido de Ourense e di que lle gustaría poder montar unha exposición itinerante coas súas creacións artísticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade