Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como aproveitar o cambio de estación e o cambio de armario para facer sitio na casa

Como aproveitar o cambio de estación e o cambio de armario para facer sitio na casa

Desbotar pezas en desuso e ordenar axuda a conseguir máis almacenamento

G24.gal 22/09/2025 21:24 Última actualización 22/09/2025 22:05

Nos cambios de armarios, desprendernos tanto de roupa como de obxectos é segundo os profesionais é o que peor levamos, ao ter un claro compoñente emocional. Din que hai xente que mesmo enferma antes de facelo.

Os trucos da organizadora de casas profesional, Silvia Cristina Pereira, son:

1º paso: depurar

Empezar por depurar, sacar as cousas que non usamos desde hai dúas temporadas porque non o imos volver usar. É a parte máis difícil, vai moito da parte emocional, hai xente que enferma cando comeza unha organización e non se decata por que, pero despois dá unha levidade...

2º paso: clasificar

Empezar clasificando cousas que non uso, cousas que xa non me serven e cousas que vou doar para ver as que nos quedaron. Aí si podemos comprar caixas ou perchas, non comezar ao revés. A caixa de doar non deixala dentro da casa, doar xa, o mesmo día ou o seguinte, como moito 2 días.

3º paso: unificar

Unha técnica moi usada por organizadores de casas é unificar as perchas, máis finiñas, vanche caber moitas máis cousas no armario. Polo menos que sexan do mesmo tamaño. As de madeira ocupan moito espazo e usaríanse só para americanas e abrigos pesados.

Outro dos trucos máis usados polos profesionais ten que ver cos zapatos e como obter máis espazo.

Os zapatos temos un ao lado do outro no espazo que tes caben 4, se os colocas un para diante e o outro para atrás en vez de 4 vanche caber 5.

E, por último, facer a limpeza e orde de armarios máis a miúdo do que se acostuma, non só cos cambios de estación.

Non facelo só unha vez ao ano ou cada cambio de temporada, polo menos, cada dous meses...

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade