Publicador de contidos

Publicador de contidos

Levarse coma o can e o gato xa non é o que era

Levarse coma o can e o gato xa non é o que era

Estudos recentes demostran que o habitual é que estas mascotas teñan unha boa relación

G24.gal 26/11/2025 21:06 Última actualización 26/11/2025 21:46

Levarse coma o can e o gato sempre fixo referencia a unha inimizade entre dúas mascotas que parecían irreconciliables. Pero tanto estudos recentes como as propias familias deste animais desterran o mito

Carme Seoane, veterinaria en Can Cat, asegura que "moitas veces un gato acepta mellor un animal doutra especie ca un gato".

Pero para que un can e un gato cheguen a compartir xogos, colchón e ata comida, teñen que pasar un proceso. Criárense xuntos é un plus, pero a educación tamén xoga. Tamén é importante que o gato teña unha zona alta onde refuxiarse se as cousas se poñen serias.

"Hai moitos factores que implican que un can e un gato se poidan levar ben. Un deles é que se coñezan desde cachorros; outro, a súa introdución na casa, que sexa tranquila, con calma", afirma Carme. 

É totalmente factible que un can e un gato se leven ben, e que esa amizade perviva de xeración en xeración. "Coñecemos cans e gatos que conviven perfectamente varias xeracións e nunca tiveron ningún problema, son amigos entre eles e incluso familia", comenta Carme.

Xa saben, igual lle deberiamos cambiar o sentido ao de levarse coma o can e o gato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade