Publicador de contidos

Publicador de contidos

Droguerías que resisten, cousas do día a día que xa case non se ven

Droguerías que resisten, cousas do día a día que xa case non se ven

Visitalas é como trasladarse a vellos anuncios de televisión

G24.gal 25/11/2025 21:21 Última actualización 25/11/2025 22:09

É coma un reflexo doutro tempo. Unha imaxe que resiste case case igual ca cando naceu, en 1982.

"O cartel é o primeiro que se colleu, e segue aí. E algúns produtos seguen sendo os de hai 40 anos. Floid ou Brummel ou Varon Dandy si que aínda se seguen vendendo moito, ao mellor porque non se encontran noutros lados máis modernos, estilo centros comerciais", conta o rexente da Droguería Otero, Javier Andrade  

Trátase da única drogaría que queda na zona vella de Santiago. Segue ofrecendo cousas do día a día, produtos de hixiene persoal e algún truco de limpeza de toda a vida.

"Teño pedra pómez para os pés, para as durezas, e despois hai pedra pómez para limpar a cociña", explícalle Javier a unha clienta

E en Vigo atopamos unha droguería que se chama directamente perfumería.

"Foi meu pai, arredor de 1976. Daquela non había moito presuposto para luxos, entón a xente mercaba o imprescindible, perfumes populares, sobre todo", di Ángel Conde, da Perfumería Conde

Falamos dun tipo de comercio de proximidade física e sorpresa temporal.

"Non podo dicir o que pode resistir", conclúe Javier Andrade

Polo de agora, visitar estas droguerías continúa a ser unha viaxe ao pasado. Verase no futuro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade