Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os radioafeccionados persisten en tempos de internet e redes sociais

Os radioafeccionados persisten en tempos de internet e redes sociais

Radio Club Fene Alfa Charlie cumpre corenta anos nas ondas

G24.gal 19/11/2025 19:51 Última actualización 19/11/2025 20:17

Na antiga escola indiana de Magalofes, en Fene, reúnense cada semana estes radioafeccionados de Radio Club Fene Alfa Charlie.

Entre os máis veteranos, Vicente e Begoña, que se iniciaron nos anos 70.

"Empezamos escoitando cada noite os mariñeiros nos barcos", di Begoña Insúa. "Faciamos enlaces con Suiza ou Francia", engade Vicente Rial.

Antenas e repetidores son infraestruturas propias das que se encargan os perfís máis técnicos do grupo.

"Iso está montado en montes e instalacións. Iso hai que mantelo e hai que subir alí arriba e non só cando fai sol", apunta Javier Vilar.

Son máis de 50 socios que comparten a paixón pola radio. "Gústame contactar con moitos países canto máis lonxe mellor. Xa contactei con todos os continentes e illas. Incluso illas nas que non viven ninguén onde só hai científicos que están a facer estudos", comenta Pepe Villasuso.

Para poder operar teñen que ter unha licenza. Autorización á que acceden tras superar un exame. Lembran que por lei están obrigados a axudar a xente e acotío prestan apoio e colaboración cidadá.

"Cando hai un problema de meteoroloxía ou nun accidente se se precisa nós contribuímos coas comunicacións e que se mobilicen recursos", explica Manuel Vieito, presidente da agrupación. 

Este ano están de celebración. Radio Club Fene Alfa Charlie cumpre corenta anos nas ondas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade