Publicador de contidos

Publicador de contidos

As patacas son fillas dos tomates

As patacas son fillas dos tomates

Hai 9 millóns de anos houbo unha hibridación de especies ente unha planta silvestre suramericana e un antepasado do tomate

Científicos chineses rastrexaron no maior banco xenético xamais investigado e atoparon coincidencias co ADN de tomates

G24.gal 11/08/2025 14:24

Teñen o mesmo parecido que un ovo e unha castaña, pero a pataca é filla do tomate. É o froito evolutivo dun cruzamento hai nove millóns de anos entre unha planta silvestre suramericana e un antepasado do tomate. A ciencia ten por fin unha resposta despois de analizar o maior banco xenético de patacas xamais investigado e acreditar que están relacionados cos xenes dos tomates.

A bióloga Xiana Albor salienta que "este estudo chinés é relevante para entender a orixe da pataca, un dos cultivos máis importantes da humanidade e que cambiou a nosa historia. De feito en Galicia comiamos castañas ata que chegou a pataca de América. Ademais é importante porque abre a porta a atopar novas vías de investigación para a mellora xenética do cultivo da pataca".

Os investigadores elaboraron a árbore xenealóxica da pataca e rastrexaron ata fixar a orixe do híbrido nos tempos de formación do Andes. Os misterios da natureza e da evolución das especies deixan, ás veces, noticias tan sorprendentes coma esta.

Que as patacas sexan fillas dos tomates é algo difícil de crer para moitos: "Unha é froita, a outra está na terra, non ten nada que ver", "Vaia, vaia, pois vaia mestura....", ou "non me digas tal cousa, levo vinte anos traballando nisto e é a primeira noticia que teño", son algúns dos comentarios na rúa.

A China é o maior produtor mundial de patacas. Investigan todas as posibilidades deste cultivo estratéxico e mesmo as vías para conseguir nun futuro plantas híbridas que produzan nun mesmo tempo grans e tamén tubérculos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos