Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector está satisfeito co inicio da campaña do polbo: hai cantidade e bo prezo

O sector está satisfeito co inicio da campaña do polbo: hai cantidade e bo prezo

Recuperan a actividade en Galicia despois de tres meses de veda

Algúns barcos conseguiron o tope de capturas en moi poucas horas e fan un balance moi positivo 

Despois de tres meses de veda poden escoller as capturas
G24.gal 01/07/2025 19:04 Última actualización 01/07/2025 19:28

Unhas 40 embarcacións saíron cara ás 5 da mañá do porto de Bueu na primeira xornada desta campaña do polbo. José Manuel Rosas, patrón maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, destaca: "Houbo barcos que con dúas caceas xa volveron para terra. Moi cedo conseguiron a cota. É moi esperanzador".

Despois de tres meses de veda poden escoller as capturas e quedar cos exemplares máis grandes.

"Ao haber cantidade, iso permite descartar os máis pequenos, que teñen menos prezo. Hoxe todos son grandes porque todo o mundo colleu os grandes para traer esa cota, pero cun produto de máis valor. Estivo entre os 10 e os 14 euros. É un prezo bo", destaca Rosas.

O polbo xa está vendido antes de chegar a porto, na súa maioría para empresas frigoríficas que despois o venderán conxelado, pero sempre hai reservado para a venda en fresco nas peixerías e nos mercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade