Tempo de cereixas autóctonas
A produción galega queda curta e cómpre traer do Bierzo e do Xerte
A chuvia que caeu este ano durante a floración das cereixas minguou a colleita. Beade é un dos lugares con maior tradición porque antano, case toda veciñanza algunha cerdeira de picuda. A emigración e o abandono das terras fixo que se perdesen moitas árbores que dan unha cereixa en forma de corazón de sabor doce como explica Antonio Villar, presidente da Asociación de veciños.
"Era un ano que viña moi cargado na floración, pero viñeron esas semanas de chuvia que tiraron todo. Este ano a ver se chegamos ao 1.500-2.000 quilos, haberá que traer de fóra entre 5.000-7.000 quilos."
A produción non chega para o consumo de Galicia, e hai que traer de fóra varias toneladas do Bierzo e do Xerte. Coas campañas de repoboación, en 15 anos agardan volver ser autosuficentes.
En Ribas de Sil contan con apañar uns 1.500 quilos entre todos os produtores. Un deles é Miguel Ángel Rodríguez.
O prezo varía dependendo do calibre e da variedade.