Publicador de contidos

Publicador de contidos

A avicultura artesanal permite dispor de ovos da casa con todas as garantías

A avicultura artesanal permite dispor de ovos da casa con todas as garantías

A diferenza cos de autoconsumo é que pasan un control sanitario

G24.gal 20/10/2025 20:46 Última actualización 20/10/2025 21:12

Quen teña un galiñeiro na casa para consumo propio ata un máximo de 30 galiñas, tan só está obrigado a rexistrar os animais. Logo están explotacións como a de Carlos, avicultor artesanal de Arteixo.

"Unha das diferenzas é que as de autoconsumo non poden vender os ovos. Nós como temos un control sanitario de salmonela e todo iso, nós si que podemos levar os ovos a feiras, podemos vender aquí na casa sen ningún problema e incluso montando unha sala de envasado podemos venderlle a comercios, restaurantes, supermercados e a todo tipo de persoas", explica Carlos López, responsable de avicultura artesanal A Senra.

Ten unhas 35 galiñas poñedoras e 20 galos para carne. Todos da raza autóctona Galiña de Mos.

"Nós non sometemos como na industria as galiñas a ciclos moi grandes de luz. Aquí están en liberdade completamente e chegados estes meses temos o problema de que a posta baixa porque elas detectan menos horas de sol e entón baixa a produción destes ovos".  

Con asesoramento da asociación Avimós, a explotación de Carlos responde a un modelo produtivo con sistemas máis respetuosos co benestar animal.

"Este ovo é totalmente distinto ao que coñecen e a persoa que proba un ovo destes esquece o ovo da compra. Non vai máis ao super a por ovos", asegura Carlos. 

Na avicultura artesanal os prezos oscilan entre os 5 e os 7 euros a ducia de ovos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos