Publicador de contidos

Publicador de contidos

En setembro toca preparar a terra para os cultivos de outono

En setembro toca preparar a terra para os cultivos de outono

Ao rematar o verán cómpre escarificar o terreo, abonar e quitar as pólas mortas das árbores para que agromen en primavera

G24.gal 25/09/2025 19:50 Última actualización 25/09/2025 20:22

Coa entrada do outono é o tempo de renovar a terra.

Indica o propietario dunha tenda de maquina agrícola en Lugo, José Manuel Taboada, que "é unha boa época para empezar co escarificado".

O responsable dun viveiro de plantas na capital lucense e que tamén ten servizo de horticultura, Santi Vilor, explica que "en xardinería habería que rexenerar o céspede, mentres que nalgunhas plantas habería que facer podas, como é o caso das camelias ou os rododendros".

Achegámonos aos hortos urbanos de Lugo, onde as parcelas comezan despedirse dos cultivos do verán para acoller os de outono. Comenta un dos usuarios que "estou quitando as plantas vellas e preparando a terra".

Roberto, de orixe italiana, e que goza dun destes hortos desde hai catro anos, xa empezou a sementar. "Todo o teño con grelos, tamén algunha verza e algunha coliflor."

Son as plantas que mellor se dan nesta estación. Tamén é tempo de fertilizar e podar as pólas secas das árbores porque en outono a terra hai que agarimala. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos