Publicador de contidos

Publicador de contidos

A floración dos nenúfares en Galicia

A floración dos nenúfares en Galicia

Orixinarias de Asia, no noso clima florecen a finais da primavera e no verán

O único exemplar de nenúfar xigante de España está en Vigo

Un dos nenúfares xa florecidos no estanque do viveiro Adoa de Mos
G24.gal 17/06/2025 21:02 Última actualización 17/06/2025 21:19

Estamos en plena floración dos nenúfares, unha planta acuática cada vez está máis presente nos xardíns particulares galegos. A calor benefíciaos, pero requiren certas condicións óptimas para ter unha longa vida doméstica. Poden durar ata dez anos. 

De feito, en chegando o verán, a expectación é máxima entre os afeccionados á botánica para asistir á floración do único nenúfar xigante que hai en España que está na Fundación Sales de Vigo.

Polo clima que temos nós aquí en Galicia, florecen na primavera e no verán, segundo nos conta Isabel Rodríguez, moza do viveiro Adoa de Mos.

Unha flor tropical efémera que apenas dura uns días, pero da que cada vez máis xardíns galegos presumen nos seus estanques, cuns mínimos coidados. Cóntanos Isabel que dentro das acuáticas non é a máis barata pero si é accesible e ten bastante demanda.

Isabel asesora os clientes que buscan desfrutalos nos seus xardíns tras 25 anos coidándoos na charca do viveiro en que traballa explicándolles como se reproducen xunto a consellos sobre os recipientes e os substratos máis axeitados.

Orixinaria de Asia, o auxe do nenúfar en Europa asóciase ao do paisaxismo. Hoxe en día é a planta acuática por excelencia das charcas, sobre todo, despois de declarar especies invasoras outras comúns noutrora nos estanques como o xacinto de auga.

Un estanque con nenúfares e outras acuáticas case vai asegurar o desfrute do canto das ras nas noites de verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade