As Festas da Cereixa de Beade e Ribas de Sil enxalzan as variedades autóctonas
A parroquia viguesa de Beade agarda vender entre 1.500-2.00 quilos na súa Festa da Cereixa
Xa comeza a chegar o tempo de degustar a froita de verán e, entre elas, a preferida dos galegos é a cereixa, despois da mazá e do plátano.
A parroquia viguesa de Beade agarda vender entre 1.500-2.00 quilos na súa Festa da Cereixa, a festa da picuda, a variedade local que non se encontra no mercado., que levan celebrando 38 anos.
Coinciden coa Festa da Cereixa de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra, onde a chuvia non deixou moita pero a que hai para a fin de semana é de bo calibre. Aquí a cereixa comparte cartel co viño e co aceite da zona, cultivos que case fixeron desaparecer as cerdeiras da variedade local.
Unha lambonada natural que apetece moito coa entrada do verán. Por sorte, hai variedades que seguirán dando froito unhas semanas máis.