Publicador de contidos

Publicador de contidos

O eucalipto segue gañando terreo en Galicia, con máis de 438.000 hectáreas

O eucalipto segue gañando terreo en Galicia, con máis de 438.000 hectáreas

O inventario forestal continuo evidencia un total de 438.156 hectáreas de eucalipto en 2024

O inventario está elaborado por investigadores das universidades de Vigo e Santiago a través dun convenio coa Xunta

Un dos investigadores explica que estes datos non poden relacionarse coa moratoria ao eucalipto porque as plantancións contabilizadas son previas á prohibición

As plantacións que se computan son que as xa teñen un tamaño importante. Europa Press As plantacións que se computan son que as xa teñen un tamaño importante. Europa Press
G24.gal 13/11/2025 18:11

O inventario forestal continuo de Galicia, que investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela desenvolven a través dun convenio de colaboración coa Xunta, evidencia un total de 438.156 hectáreas de eucalipto en 2024.

De feito, a superficie aumentou alcanzando así en 20.000 hectáreas desde o ano 2023 no que se contabilizaron 419.000 hectáreas. En todo caso, un dos profesores encargados do inventario Juan Picos explicou que estes datos non poden relacionarse coa moratoria ao eucalipto, en vigor desde 2021, dado que estas plantacións son previas á prohibición.

Isto débese a que o inventario non contabiliza as plantacións recentes xa que a metodoloxía empregada computa as plantacións que presentan xa un tamaño importante.

O documento revela que tamén aumentou levemente a presenza de coníferas, que alcanzan as 445.897 hectáreas. O inventario indica, por tanto, que ascendeu a superficie arborizada total en Galicia, de forma que a superficie ocupada xa chega a 1.521.318 hectáreas, o que supón un 1,4 % máis que o anterior exercicio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade