Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eva Martínez: "Pensamos que é un bo momento para comprar vivenda"

Eva Martínez: "Pensamos que é un bo momento para comprar vivenda"

A presidenta da Asociación Galega de Inmobiliarias asegura que as medidas fiscais anunciadas polo Goberno galego facilitan o acceso a unha vivenda en propiedade

A Xunta comprará baixos para rehabilitalos e destinalos a alugueiro social e reduce o imposto de transmisións patrimoniais para as familias monoparentais

G24.gal 20/10/2025 10:42

A presidenta de AGALIN, a Asociación Galega de Inmobiliarias, saúda as medidas anunciadas pola Xunta para comprar unha vivenda. Co prezos dos alugueiros disparado, Eva Martínez considera que moitos galegos e galegas están optando por mercar.

Para Martínez, este é "un bo momento para comprar e estabilizar", xa que o prezo da vivenda está chegando "ao seu tope" porque non hai moitos clientes "dispostos a pagar calquera prezo" e, ademais, cada vez máis clientes apostan por mercar a uns xuros fixos. Dicíao nunha entrevista no 'Bos días' da TVG.

A presidenta de AGALIN cre que as medidas anunciadas pola Xunta permitirán dinamizar o mercado inmobiliario en Galicia. En concreto, pon en valor as rebaixas fiscais para a compra dunha vivenda dirixidas as familias monoparentais e numerosas e tamén á mocidade.

Segundo Eva Martínez, "os prezos ao estar altos son unha barreira de entrada para a compra", pero con todas estas axudas o acceso a unha vivenda en propiedade é máis factible, xa que os bancos dan unha porcentaxe para a compra pero os gastos están fóra do financiamento: "Canto máis se podan rebaixar os gastos, máis xente poderá acceder á compra dunha vivenda", afirma.

Martínez ve como un avance a última medida anunciada pola Xunta, que permitirá reconverter en vivendas baixos comerciais baleiros. Cre que as grandes beneficiadas serán a mocidade e os maiores.

"Cremos que este modelo é bo para a xente nova que se quere emancipar e tamén para a xente maior" xa que, ao seren vivendas diáfanas e máis accesibles, "non lles importa que estean na planta baixa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade